Dende, a Asociación Cultural ANCHOA, querennos convidar a toda a xente, a pasar un día de troula, música e bos alimentos (para os sedentos e os famentos), con eles e cos que se acheguen ó: 10º Festival Folk "Fin do Camiño", na Anchoa (Fisterra), que se celebrará o Sábado 23 de Agosto.

A Festa dará comezo á 13:00hs. coa Banda de Gaitas de Pereiriña para ir acostumando os ouvidos á voa música. Logo pola tarde, a festa seguirá apartir das 19:00hs. con Os Veraneantes.

A partir das 21:00hs. continúase co Festival Folk, ata a madrugada con: Fiandola, A Crus de Baixar, Ulträqäns, Os Cuchufellos e todos os asistentes, completarase unha noite de festa rachada na fin do mundo.

E todo isto con polbo á feira, mexilóns ó vapor, zamburiña á cazola, empada de millo. E de balde, queimada na parte final da festa.

Asociación Cultural ANCHOA, espera por vos no seu 10º Aniversario

FESTIVAL PONTELOUCO 08


Festival Pontelouco'08

Volven á carga outro ano máis, o Sábado, día 2 de Agosto, como non no Castelo de Castro Caldelas.

Os grupos este ano son:

  • A Tuna Rastafari
  • Os Tanghana's Show
  • Cuchufellos

A parte como todos os anos Feira de Artesanía, Titeres (Viravolta), Contacontos (Canier), Pasarrúas, Malabares....

Lembra que a acampada é gratuita e a entrada de valde.

Pontelouco.blogspot.com

FESTIVAL DA TERRA E DA LINGUA



O VIII Festival da Terra e da Língua decorre neste ano nos próximos 18 e 19 de Julho, como sempre desde 2001, no Moinho de Pedroso.

Sexta-feira 18 contaremos com a música galega de Cuchufellos, Chámalle Xis! e os Ulträqäns. Já no sábado 19, apartir das 22h, subirám ao cenário de Pedroso os galegos Machina e Dandy Fever, além do grupo de Euskal Herria Amaiur.

No festivalzinho para as crianças, contaremos com o mago Fiz e com os Titeres Cascanueces, e no ámbito desportivo, haverá campeonato de matraquilhos e a Liga Nacional de Bilharda.

FESTIVAL SERRA DE QUEIXA 08



O Festival Serra de Queixa 2008, celebrarase o Sábado 19 de Xullo, lembrade que é de balde, igual que a acampada, a festa comeza a iso das 18:00hs.

Estas son as propostas para o Serra de Queixa`08:

  • Os Cuchufellos
  • D'Callaos
  • Kumpania Algazarra
  • Tumbuctu

www.serradequeixa.com